ARTIGOS

CABODANO

Esta semana cúmprese un ano dende que ardeu o val do Tamuxe, Oia-O Rosal.

Nos anos 2006 e 2013 o lume arrasou máis de tres mil hectáreas na nosa comarca, tan só en dous incendios. Sentimos que a política forestal debe mudar definitivamente. Moitos son os problemas que nos levan a esta conclusión lóxica, tales como, abandono dos montes e do rural, falta total de sensibilización e respeto polo medio natural, destrución da economía local e o que aínda é peor, a industrialización do monte.

Aparentemente laiámonos deste desastre, só acordamos del cando vemos o lume, aínda que esta destrución continua ó longo do ano. Peor co lume é continuar coa política do PFE (Patrimonio Forestal do Estado) ou do ICONA, grandes repoboacións sufridas na época da ditadura, política que perpetúa o desastre.

A día de hoxe aínda estamos sufrindo este tipo de medidas. Estanse levando acabo no Baixo Miño, na serra do Argallo e no monte Tecla, repoboacións con especies foráneas, que degradan o entorno e o seu solo, invaden e desprazan a flora e fauna autóctona e favorece a propagación do lume, entre outras consecuencias.

Dende a nosa perspectiva e a noso xuízo, non é xusto nin beneficioso e é dunha falla total de solidariedade seguir con este tipo de cultivos e políticas de curto prazo.  É un erro fatal pensar que o monte pode ser defendido do lume ou doutras ameazas sen unha poboación activa que habite nel, e que faga uso e desfrute dos seus bens dun xeito racional e sostible.

Todos temos uns privilexios e beneficios do monte, pero onde quedaron as nosas obrigas con él?
Saúde e monte.

Nuria Castro Martínez
Presidenta Asociación A Jalleira.

Comentarios

  1. Moi bó artigo.
    Animo que hay que conseguir eradiczar esas especias dos nosos montes.
    Apertas montañesas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares